Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NON TODO O QUE CAE NA REDE É PEIXE

€20,00
ISBN 9788419040619

500 unidades fraseolóxicas galegas.
Este dicionario pretende contribuír ao coñecemento e bo uso da nosa, bastantes veces descoñecida, fraseoloxía. Para iso, presenta 500 unidades fraseolóxicas de diferentes tipos e niveis de lingua documentadas en moi variados autores e obras. Alén diso, ofrece unha lista castelán-galego coa finalidade de que se relacionen as expresións das dúas linguas para evitar expresións alleas ao noso idioma e innecesarias.

Un dicionario fraseolóxico documentado
Para este dicionario, escollemos 500 unidades fraseo-lóxicas que nos pareceron interesantes, ordenámolas alfabeticamente e numerámolas, procurando xuntar a información das variantes, cando as coñecemos, nun só artigo fraseográfico. Cando a variante comeza alfabeticamente lonxe da variante principal ou daquela que aparece primeiro, completamos isto recorrendo ás remisións.
Trátase das variantes que non están numeradas (este home > 207).
Un aspecto importante de todo dicionario son os exemplos. No caso deste, para documentar as UF recorremos a obras de calquera xénero literario, sobre todo narrativa, e a xornais e revistas, e completamos iso cos corpus informatizados TILGA e CORGA. Nos casos en que non achamos abonacións, creamos nós os exemplos.
Cando a autoría dos exemplos é de persoas colaboradoras ou informantes recollemos os seus nomes na parte do final titulada "Colaboradores e informantes".

Índice
Introdución.
Un dicionario fraseolóxico documentado.
Tipos de unidades fraseolóxicas incluídas.
Uso do dicionario
Abreviaturas e signos empregados ..
Dicionario fraseolóxico
Lista castelán-galego de equivalencias.
Autores e obras citadas.
Colaboradores e informantes.

Ramón Anxo Martíns Seixo (Vigo, 1959), catedrático de galego de escolas de idiomas na EOI de Vigo, foi director e coautor do Dicionario fraseolóxico galego (2000) e autor, entre outros, dos seguintes traballos: Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega (2013); Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro (Forcarei) (2016) e Dese pau teño eu unha gaita. A fraseoloxía na obra de Manuel Leiras Pulpeiro (2024).

____

Editorial: Morgante 03-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 248
ENSAIO
LINGÜÍSTICA
GALICIA