Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NOM ESTAMOS QUEBRADES

€15,50
ISBN 9788412458619

Depois de romper com o seu moço, Eva, estudante de filologia, começa a questionar a sua sexualidade, o seu jeito de relacionar-se com es demais e sente a pressom do entorno por encaixar. Porém, com a ajuda do seu melhor amigo e outras persoas que topa no seu caminho, começa a entender o que lhe está a acontecer. Nom estamos quebrades é umha novela sobre a amizade, sobre a importáncia de tecer redes, sobre aprender e construir, sobre querer e querer-se, sobre entender que nom há nada de errado em nós.

V PREMIO MARÍA VICTORIA MORENO DE LITERATURA XUVENIL
Nee Barros Fernández
Ourense 2002, é activista polos dereitos trans e dedícase tamén á divulgación cultural e á literatura.[1] Emprega o pronome neutro "Elu" e o pronome masculino "El" .
Creceu na vila de Marín (Pontevedra) e estudou o bacharelato no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra desde o 2018 ata o 2020. Á parte da súa produción literaria, desenvolve un labor de divulgación literaria na rede, especialmente a través da súa canle de Youtube Neeumatiko. A dita canle mestura recomendacións literarias, análises de obras e activismo LGBTIQA+, e chegou a ser recoñecide co premio á Calidade Lingüística do certame Youtubeir@s en 2021. Tamén canta e toca o baixo no grupo de música pop rock Froalla.
Na súa faceta literaria, recibiu recoñecementos desde moi cedo en certames como Lingua de Namorar (2018 e 2020), Prensa-Escuela (2018) ou o certame de narración curta Concello de Curtis (2019), entre outros. En 2022, recibiu o Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, grazas ao cal publicarían a súa obra Nom estamos quebrades.

____

Editorial: Cuarto de inverno 2023
Idioma: Galego
Colección: XUVENIL