Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

NOIA NO CAMBIO DE SECULO

€18,50
ISBN 9788496673557
A obra abrangue, entre outros temas, a lexislatura de Mari Carmen Abeixón García (1995-1999), o goberno de Rafael García Guerrero (1999-2003) e o mandato de Antonio Pérez Insua (2003-2007).   .              

Noia no cambio de século (1995-2007) é o terceiro volume dunha triloxía que comezou coa publicación de CRÓNICAS DUNHA DEMOCRACIA (2006) e A REVOLTA NACIONALISTA (2006).  A obra abrangue, entre outros temas, a lexislatura de Mari Carmen Abeixón García (1995-1999), o goberno de Rafael García Guerrero (1999-2003) e o mandato de Antonio Pérez Insua (2003-2007).  Por estas páxinas desfilan, entre outros episodios, o controvertido "negocio" na Casa da Cultura, os problemas na Confraría de Pescadores, a protesta contra o Mapa Comarcal da Consellería da Presidencia, a aprobación do PEPRICH, a inauguración do Museo das Laudas e o Teatro Coliseo Noela, a polémica pola empacadora de Sampaio, o enfrontamento entre Primitivo Hermo e Mari Carme Abeixón, a dimisión de López Rico como conselleiro do BNG, a suspensión de García-Malvar como fiscal do TSXG, o Día das Letras Galegas dedicado a Avilés de Taramancos, o 75 aniversario do Liceo, as manifestacións contra as variantes da Consellería de Política Territorial, a morte de Xosé Agrelo Hermo e Prudencio Romo e o centenario de María Mariño.  A través dunha análise crítica das tres últimas lexislaturas, enriquecida con entrevistas, crónicas, imaxes e documentos, o lector pode coñener as claves dun período histórico ateigado de acontecementos.            
 
 

____

Editorial: Toxosoutos
Idioma: Gallego