Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NADAL COS SAVAGE

€15,00
ISBN

Atréveste a pasar o Nadal cunha familia un pouco… salvaxe?
En Nadal cos Savage, entramos da man de Evelyn, unha nena de oito anos, no divertido e caótico mundo dunha gran familia aristocrática da Inglaterra eduardiana.

As travesuras, os xogos e as perrenchas infantís entretécense co brillo das nobres solemnidades nadaleiras dunha sociedade vetusta que a I Guerra Mundial pronto transformaría para sempre.

Lady Mary Clive (1907-2010) foi unha escritora e historiadora británica, coñecida polo seu agudo intelecto e o seu espírito independente. Despois dunha infancia aristocrática e da súa presentación en sociedade, traballou como columnista e escribiu biografías históricas, memorias e novelas, cunha mirada orixinal e perspicaz que capturou os cambios sociais do seu tempo.

____

Editorial: Sushi book 11-2025
Idioma: Galego
Páxina: 140
INFANTIL E XUVENIL
GRANDES ESCRITORAS
FAMILIA
HUMOR
CLÁSICOS