Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

NACE UN CAMPIÓN

€10,20
ISBN 9788482889184
Andi non sabe nadar. Todos os seus colegas da clase se burlan del, porque pola súa culpa van perder unha estupenda viaxe a Tenerife. Pero Andi non lle ten que facer. Sente verdadeiro medo á auga. E se afoga...?

Nace un campión é unha reedición, en novo formato, da novela de Ursula Heinze que xa ten engaiolado a miles de lectores. Con este libro has descubrir que os verdadeiros campións fanse co esforzo e coa constancia. Ocupouse de poñerlle imaxes a esta edición o coñecido ilustrador lugués Xan López Domínguez, un dos máis destacados do panorama galego.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego