Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NA REPÚBLICA DA CASCARILLA

€17,90
ISBN 9788410324442
“Non hai moito, escoitei a unha caboverdense dicir que: “gostaría de ter uns brazos infinitamente longos para poder abrazar a todos os galegos e galegas”. Con esta hipérbole tan bonita estaba amosando o seu agradecemento á veciñanza de Burela, por tela acollida con tanto cariño cando arribou, na compaña do seu home, á Mariña luguesa.
Fago miña esta hipérbole dunha caboverdense anónima para amosar o meu agradecemento ao barrio no que nacín, no que me criei, e no que fun feliz.
Os Muíños era un barrio “abrazado” polo río de Monelos que esmorecía no golfo ártabro entregando as súas augas dóces á mar océana. O río, ademais das augas dóces, entregaba tamén un feixe inmorredoiro –a modo de legado-, no que se incluían historias irrepetíbeis de xogos, de amor, de amizade, de leas, zarapalladas, marañas…, e unha infinita suma de recordos, que cada un dos que habitamos o barrio sabemos que nos acompañarán para sempre.
“Na República da Cascarilla” conviven coa Narrativa, outros subxéneros pertencentes á arte de relatar: “Reportaxe”, “Crónica”, “Memoria”, “Autobiografía”, e mesmo narracións propias dos Libros de Viaxes.
Deixo nas vosas mans unha obra para vos mergullar en mundos pretéritos, que a modo de Odisea han facer que viaxedes por ríos e mares literarios creados no voso maxín e, de certo, polos que navegastes cando erades adolescentes”. Fuco Paz Souto

____

Editorial: Medulia 11- 2024 
Idioma: Galego
Páxinas: 186
NARRATIVA

También te podría interesar...

  • AS MULLERES DA CONSERVA

    AS MULLERES DA CONSERVA

    Librería Abrente
    €12,00

    Nesta obra, que abre unha colección de monografías, a A. C. A Cepa, tras un laborioso e dedicado traballo de recompilación, pretende lembrar docume...

    Ver todos os detalles
  • CADERNOS PERSOAIS

    Lois Pereiro
    €17,00

      Chan da Pólvora réndelle homenaxe a Lois Pereiro no 25 aniversario da sua morte –24 de mayo de 1996– coa publicación deste conxunto de cadernos i...

    Ver todos os detalles
  • MAR...USÍA. RELATOS SALPRESADOS

    MAR...USÍA. RELATOS SALPRESADOS

    Paco Rivas
    €10,00

    Colección de 15 relatos con protagonismo do mar e das súas xentes que respiran a mellor tradición do realismo fantástico e mostran unha lingua que ...

    Ver todos os detalles
  • MEMORIAS DUN EXGALEGO

    Josiño Araújo Pérez
    €21,95

    “Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín”. Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación d...

    Ver todos os detalles
  • MEMORIAS DUNHA VACA MARELA

    MEMORIAS DUNHA VACA MARELA

    Afonso Eiré
    €17,90

    “Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota…”....

    Ver todos os detalles