Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NA NOITE ESTRELECIDA

€14,40
ISBN 9788411765749

EDICIÓN DE XOSE RAMON PENA.

En 1926, Ramón Cabanillas deu ao prelo, na editorial Lar, Na noite estrelecida, recreación poética dos mitos da Materia de Bretaña desde a óptica galega, nun tempo en que se procuraba dotar a nosa cultura dun pasado mítico a través de símbolos compartidos por outras culturas atlánticas: Merlín, Escalibur, Galahaz, o Santo Grial...
Nesta edición, Xosé Ramón Pena achéganos, un século despois, á obra do poeta das Irmandades, onde é constante a presenza de elementos pondalianos e ossiánicos, algúns en relación coa relixión druídica e outros coa cultura celta, na procura dun sincretismo entre os mundos celta, artúrico e galego.

____

Editorial: Galaxia 04-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 132
POESÍA
ANTOLOXÍAS