Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

NA ARMÓNICA XICO DE CARINHO

€19,95
ISBN 9788494951169
Entre centos de músicos, concertos, encontros, festivais ou iniciativas, a presenza militante de Francisco Peña Villar, Xico de Cariño, é unha constante desde os anos 60. Xico é unha personalidade singular, que foi punto de conexión de José Afonso con Galiza desde os anos 70, cando se coñeceron en París, até a homenaxe de 1985 no parque de Castrelos, organizada polas Asociacións Culturais e o xornal “A Nosa Terra”.

No limiar de entrar na súa oitava década, Xico ofrécenos o que é o seu primeiro disco propio, coas constantes do seu repertorio galego e luso-brasileiro orbitando arredor da harmónica, o instrumento máis amado por el. “Na harmónica” abre Zeca, a nova colección de Libros-Cd de aCentral Folque.

____

Editorial: aCentralfolque
Idioma: Gallego