Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO

€14,95
ISBN 9788484874805
Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente coma o bruar dunha melodía intimista, ergueita dun xeito doce e acre ao tempo.    

O rexoubo dun soño a pique de esmorecer e a esperanza dunha nova vida, secundada polas inevitables ansias dun progreso negado pola posguerra e a represión, viste de lembranzas ás palabras que toman o protagonismo nestas páxinas. A música eríxese coma unha especie de leitmotiv que soa de fondo, versando sobre á prohibición por parte das férreas tesoiras da censura de determinados estilos como o jazz provinte de latitudes norteamericanas, chegando a considerar os seus ritmos como algo propio da poboación afroamericana e polo tanto, unha música propia do mesmo demo. A deslexitimización do emprego do idioma galego no ensino por parte de franquismo ou a actividade incesante producida nalgunhas vilas galegas, coa explotación do cobizado volframio para abastecer ao réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial, tamén se converten en pezas esenciais do crebacabezas no que por veces semella converterse este relato. A memoria histórica e a dignidade das persoas que foron represaliadas polo torgo das súas ideas, son postas en valor a xeito de sentida homenaxe, nunha narración onde a historia e o presente se conxugan nestas páxinas nas que aniña a intriga.

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego