As vicisitudes diarias dunha visita a Alemaña en 1930. As convulsións sociais dunha Europa en crise vistas a través da intelixencia dun home de pensamento orixinal e independente.
Un dos libros máis vivos e suxestivos de Vicente Risco, un diario no que o teórico do nacionalismo galego nos vai dando, ademais do relato dos sucesos que viviu, as impresións que estes causan e as moitas e orixinais ideas que lle suxiren. Escrito nunha prosa dunha enxebreza sintáctica dificilmente igualable, contén ademais toda a orixinalidade, a independencia e a agudeza características do pensamento do escritor galego.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego