Ir ao contido
Benvidos á nova web de Librería Abrente!
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS

por VV.AA.
€15,65
ISBN 9788484873495
Nas páxinas deste libro poderedes atopar pequenas rebelións, loitas de artistas, militancias extremas, personaxes reais que semellan inventados, autoras atascadas, amores posibles e imposibles, divertidas distopías, citas a cegas, retallos da América profunda, o cine e as súas actrices, soidade, enfermidade, morte, vellez, violencia, amor...

Microefectos dramatúrxicos non é máis que unha ollada diferente ao mundo. O noso día a día, as nosas preocupacións, ilusións, esperanzas, farturas e sensacións transformadas en teatro. Un teatro próximo, sincero, atrevido, polémico; un refl exo de como vemos a nosa sociedade, un retrato do que nos rodea, ás veces divertido, ás veces amargo, como a vida mesma. Pequenas pílulas dramáticas que refl icten o noso sentir a través dunha morea de personaxes e situacións. Con esta escolma dos nosos textos pretendemos emocionarvos e divertirvos. Esa foi dende o principio a nosa intención e esperamos non defraudarvos

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego