Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

MEMORIAS DUN LOITADOR ANTIFRANQUISTA

€22,50
ISBN 9788416460441
En 1998 e con 65 anos, David Álvarez Carballido (A Fonsagrada-Lugo, 1922-2017), concedeu unha longa entrevista ao filólogo e paisano seu Antón Santamarina. Foi durante varios días de agosto, na aldea común de ambos de San Martín de Suarna.

Dúas décadas despois, este documento único ve por fin a luz, as Memorias dun loitador antifranquista. O testemuño do comunista David Álvarez Carballido, publicado por Alvarellos Editora na súa colección Oeste. Foi preciso un fondo traballo de edición para organizar o valioso material custodiado por Santamarina. A psicóloga e escritora Anahí Almasia (sobriña de David) e a doutora e especialista en memoria histórica Mariela Sánchezpuxéronse a traballar arreo dende a súa cidade de Bos Aires. Había que converter aquelas horas de conversa nun volume revelador. David posuía una fina e poderosa memoria e o resultado queda á vista nestas páxinas. É o testemuño valoroso e honesto dun incansable loitador antifranquista. Dun comunista que fuxiu dende Galicia a Bos Aires en 1948 para non regresar ao país ata 1962, e ser detido e torturado en Vigo pouco despois, candodenunciaba o fusilamento de Julián Grimau. Fiel ata o final dos seus días, aínda en 2014, con 92 anos, acudía ao consulado Arxentino a interpor a súa denuncia na Querela daquel país contra os crimes do franquismo. “Poucos libros memorialísticos, de militantes antifranquistas, teñen a naturalidade, a frescura e o xeito destas memorias”. Xesús Alonso Montero, autor do Prólogo. “O que digo aquí é soamente para que non quede esquecido. Todo o que sabemos daquel terror que invadiu España, que se coñeza”. David Álvarez Carballido

____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Gallego