Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres da familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais tamén como impulso para buscar a propia felicidade e lugar no mundo.
Non exenta de crítica social, esta historia, encadeada sobre a maternidade ao longo de distintas xeracións dunha familia, é tamén unha historia colectiva, e como tal relativiza as “verdades absolutas” dunha época, e anima a loitar pola propia felicidade e transformar a sociedade máis aló de convencionalismos.
***
-Premio Concello de Vilalba de Narrativa (2001)
- Premio AELG ao mellor libro publicado (2003)
- Editado por Espiral Maior (2002)
____
Editorial: Baía 02-2024Idioma: Galego