Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MEMORIA E AZOUGUE: A LIÑAXE DOS LLANOS (1897-1970)

€33,00
ISBN 9788445355046

Catálogo da exposición temporal co mesmo título.
A exposición dá a oportunidade de coñecer a pegada persoal que caracterizaba a esta coñecida saga familiar de fotógrafos composta por Francisco Llanos Mas, o seu fillo, Francisco Miguel Llanos Trápaga e o seu neto, Ángel Llanos González. Tres xeracións moi vencelladas coa vida da cidade de Vigo, pero que, a través das súas reportaxes e imaxes, teñen permitido dar testemuño de acontecementos relevantes da historia de Galicia.

Memoria e Azougue. A liñaxe dos Llanos, está composta  por 38 fotografías, cámaras fotográficas e diversos obxectos e documentos relacionados co traballo como fotógrafos dos Chairos, que van desde a arquitectura ao retrato e que reflicten tanto feitos históricos como vencellados co traballo destas épocas, e tamén de lecer e festivos centrados na cidade Vigo.
A mostra, que se estructura nas temáticas de arquitectura, retrato e acontecemento 
funciona ao mesmo tempo como unha biografía visual de Vigo desde os anos finais do séculoXIX até os momentos do apagamento do réxime franquista, abranguendo etapas que tanto marcaron a historia da Galiza como foron a Restauración, a Ditadura do Primo de Rivera, o goberno de Dámaso Berenguer, a II República e as néboas persistentes do 
franquismo.

Comisariado: 
Manuel Pérez Rúa, sociólogo. Foi coordinador cultural do concello de Moaña.
Realizou estudos sociolóxicos relacionados co campo sociocultural e urbanístico.
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2009, por Domingos de calcetíns brancos.
Vitor Vaqueiro, cofundador del colectivo fotográfico Canbranco y del Centro Archivo Pacheco. Tamén foi profesor das materias fotografía, Fotoperiodismo, Dirección de fotografía e Proxecto Audiovisual na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Coordinación: A Mira(n)da
Deseño: Desoños

____

Editorial: XUNTA 12-2024
Idioma:  Galego
Páxinas: 142
VIGO
FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL
HISTORIA