Memoria dunha experiencia asemblearia analiza e reivindica o papel do grupo que no ano 1972 iniciou un movemento asociativo de ampla adhesión entre o colectivo de ensinantes, e que deu lugar ao nacemento, no ano 1977, do Movemento de Mestres...
Iniciativa que puxo en cuestión as estruturas oficiais, sindicais e pedagóxicas, dos anos finais do franquismo e axudou a desartellar o sindicalismo vertical no sistema educativo. Miguel Barros Puente (Carballedo - Cotobade, 1944) estudou Maxisterio en Pontevedra e doutorouse en Ciencias Políticas. Exerceu de mestre en Vigo ata a súa xubilación. Formou parte do grupo impulsor do Movemento de Mestres. Afiliado ao Partido Socialista en 1978, despois de militar na CNT, foi concelleiro en Vigo en dous períodos (1979 e 2003) e membro do Parlamento de Galicia nas tres primeiras lexislaturas. Nos últimos tempos militou en Compromiso por Galicia. Entre as súas publicacións salientan Discurso e tempo. Na procura dun socialismo para Galicia (2006) e Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo, publicado por Galaxia en 2009, e polo que recibiu o Premio da Crítica.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego