Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

LA DEPURACIÓN DEL MAGISTERIO NACIONAL EN LA PROVINCIA DE A CORUÑA (1936-1945)

€15,00
ISBN 9788495773302
Un traballo que recolle, a través dunha exhaustiva e meticulosa investigación, un dos episodios máis denigrantes da historia de España, a agresión ós docentes que, comprometidos firmemente na transformación dun país...

...instalado, ata ese momento, na ignorancia e o conservadurismo, de costas ó mundo, aprestáronse a achegar os seus coñecementos e a súa formación pedagóxica ó ilusionante proxecto da II República de modernizar o país, creando escolas e levando a educación ós lugares máis recónditos de España. O autor céntrase en dar a coñecer o ocurrido con estes docentes na provincia de A Coruña durante o transcurso da Guerra Civil e na postguerra, así como a consecuencia da represión que se prolongou durante anos, para algúns profesores ata a súa morte. Jesús Manuel García Díaz (Petín de Valdeorras, 1966). Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Vigo, conta tamén cun postgrado en Interpretación do Patrimonio Cultural (UOC, Barcelona) e un Master en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais. Dedicado durante a maior parte da súa carreira profesional ó xornalismo, como redactor e delegado de La Voz de Galicia e como director de Radio Voz e Antena 3 Radio en O Barco de Valdeorras, e posteriormente como redator do citado xornal en Ourense, tamén a exercido de profesor invitado na Universidade de Vigo e docente en cursos de extensión da UNED. Actualmente é Director do Centro Asociado á UNED en Ourense.    

____

Editorial: FUndación Luís Tilve
Idioma: Castellano