Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MEIGAS

€14,65
ISBN 9788411761444

Esta é unha novela sobre meigas, pero non son como ti cres. As desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan mal á xente... que non o merece.
As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp, vixían que ninguén salte unhas normas determinadas e axudan a quen o pida, pero tamén discuten e se enfadan unhas veces, e bailan e van xuntas de festa outras.
Nesta novela coñecerás a Xiana, unha rapaza de 16 anos, neta de meiga, que se
vai presentar ás probas de selección para tamén se converter en meiga e ocupar un
dos postos no aquelarre. Pero xunto a ela hai máis candidatas que queren o mesmo,
e só hai dúas prazas!

ESTEBAN FOLGAR BREA vive e traballa na Estrada, como profesor no IES Antón Losada Diéguez, onde tamén leva a radio escolar. Non cre nas redes sociais, prefire a sidra antes que a cervexa; sae todos os días cazar pokemons, e, sempre que pode, vai pedalear na bici e bucear.
É licenciado en Filoloxía Hispánica, Románicas, Xornalismo e Comunicación Audiovisual, o que lle serviu para traballar como profesor de español na China e Italia, e despois impartir clases de Imaxe e Son en Vigo e A Coruña.
Esta é a súa primeira novela, inspirada por unha canción de María Fumaça e saída
en parte da potente imaxinación dos seus tres fillos.

______

Editorial: Galaxia 09-2023
Idioma: Galego