Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MATERNOSOFÍA

€16,75
ISBN 9788498655179
Ou o embarazo da escritora primípara. ¿Hai equivalencia entre escribir e parir?  

Neste diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade non se pretende dilucidar ese misterio nin ningún outro. Tampouco o da vida, nin moito menos o da escritura. Se é que son misterios. Cunha linguaxe coloquial, como quen dialoga permanentemente con quen le, o texto flúe ameno, enxeñoso, burlón. Non se trata de exaltar a maternidade senón de exaltar a escritura que dá algo a nacer. Realista, lúcido, reflexivo, bastante desmitificador. Nove meses de sensacións, impresións e cambios: gozar e sufrir coma nunha novela con final feliz. Unha declaración de principio: no parto está a sabedoría. A escritura detense aí, non se pode dicir máis: a historia sae á luz no libro.

____