
MATERIAL TEXTUALMENTES NO LABIRINTO. SAÚDE MENTAL, CULTURA E INCLUSIÓN: EXPOSICIÓN
Mentes no labirinto. Saúde mental, cultura e inclusión é o título do catálogo da exposición organizada polo Arquivo de Galicia para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos no espazo destinado ás exposicións no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, e estivo aberta desde o día 7 de xuño ao 18 de outubro de 2024.
Con este catálogo, que incorpora ademais dous artigos de profesionais vinculados ao Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense. Hospital de Piñor, o Arquivo de Galicia pretende dar unha maior difusión a unha actividade que invita a reflexionar sobre a propia identidade persoal e colectiva a través dos documentos e obxectos procedentes de importantes centros de atención psiquiátrica na nosa Comunidade desde finais do século XIX, e sobre como a cultura, a través das súas manifestacións artísticas, constitúe unha potente ferramenta para garantir o desenvolvemento das persoas.
____
Editorial: Xunta de Galicia 02-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 115