Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MARXINALIA

€24,90
ISBN 9788410324411
Xabier Paz publica o seu primeiro libro de poemas andados os cincuenta anos. Desde aquela publica outros catro poemarios callando a súa traxectoria creativa coma un inzamento da conciencia poética dende o eu lírico subxectivo até a conciencia expandida, de alento transhistórico e transcultural.

“...cando falo dun poeta maduro non me refiro a que Xabier Paz domine o instrumental da mecánica do verso, do poema; refírome a que ten un mundo, e que a poesía, nel, forma parte dunha interrogación, dunha pescuda e que é por iso polo que o fascínio que sobre nós exerce a medida música dos seus versos procede non da calidade do ornamento, senón dun estraño, dun ascético rigor, que é severa vontade de coñecemento... a busca dunha estética en sentido cultural, antropolóxico, un paso máis nese seguir contándose a conciencia, é a compaixón polos esforzos dos outros -vivos ou mortos- que teñen axudado a facérmonos como somos: o recoñecemento dunha herdanza”. (Rafael Chirbes no seu prólogo a Filoxenia do sangue).

No presente volume recóllese a totalidade da obra poética publicada xuntando unha adealla de case medio cento de poemas inéditos o que permite a recuperación actualizada da vertente poética do autor.

____

Editorial: Medulia 11- 2024 
Idioma: Galego
Páxinas: 441
POESÍA