Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MARÍA BALTEIRA

€20,00
ISBN WP4475

María Pérez, a Balteira, unha vida imprecisa entre a historia, a literatura e a lenda.

María Peres, A Balteira, nada en Armea (Coirós) no século XIII, foi unha soldadeira galega.

O que se coñece da súa vida sábese principalmente por un documento asinado co mosteiro de Sobrado en 1257.
Era filla de Pedro Eanes de Guimaráns e de Azenda Peláez. Chegou a mercar unha bula de cruzada en Toledo para que as súas propiedades non se visen afectadas mentres traballaba fóra.
María Balteira foi a máis sonada das soldadeiras da nosa época medieval. As soldadeiras eran mulleres adscritas á Corte que tiñan como oficio cantar e bailar e recibían por iso unha soldada, de aí o nome. Nas ilustracións do Cancioneiro de Ajuda aparecen danzando, tocando as castañetas ou o pandeiro na compaña do xograr que tanxe unha guitarra ou unha viola.
Temos noticia da Balteira polas cantigas de escarnio que lle dedican dez trobadores, verdadeiro arquetipo do que na actualidade se deu en chamar anti-retrato ou retrato descortés. Pedro Amigo de Sevilla e Pedro de Ambroa, betanceiros ambos os dous; Pero da Ponte e o propio Afonso X o Sabio son algúns dos autores que fixeron dela albo das súas burlas. Por eles coñecemos unha muller paradigma de todos os vicios e transgresións que a época condenaba, malia ser parte deles, nun exercicio de dobre moral. Boca xuradora; practicante do tiro con bésta en competición cos homes; xogadora de dados; trampulleira no xogo; libre no xeito de xacer con cregos, escolares, xograres, etc.; transmisora de doenzas venéreas e supersticiosa.

 

____