Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MANUEL MURGUÍA - AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS

€7,00
ISBN 9788469754108
Sonia convértese no escritor e historiador Manuel Murguía, máis coñecido por ser o esposo de Rosalía de Castro. Para iso pon unha chistera, que o autor usaba para parecer máis alto, xa que era moi baixiño.

E, xa co sombreiro, narra un conto que escribiu o que foi primeiro presidente da Academia Galega para os escolares de hai máis de 150 anos: La primera luz. Trata dun mestre que reprende os alumnos por rirse dun neno que fala galego e aproveita para explicarlles a importancia e a beleza desta lingua.        

____

Editorial: Bolanda
Idioma: Galego