Vivo entre o rural e o urbano e nesta oscilación vexo como os corpos obxectualizados dos valados publicitarios, inertes, que venden unha eternidade terreal, herdan a concepción relixiosa na que o corpo é castigado para acadar a eternidade que lle é propia a alma.
Idioma: Gallego
Disque a esperanza de eternidade é un dos medios para tratar o desacougo que produce ser conscientes de que morremos, de enfrontar o medo á morte, e aínda que no medio urbano semella non existir, o certo é que se agocha censurado detrás do actual culto ao corpo. Eu tamén a temo, pero ao igual que os meus avós, tomo da cultura popular a súa estratexia para combater a ansiedade que produce o descoñecido, perdéndolle o respecto ao facela cotiá, convivindo con ela e, ás veces, ridiculizándoa.
Fran Herbello
____
Editorial: CEFIdioma: Gallego