Primeiro traballo longo de Måi, unha nova formación liderada pola artista Iseo Agilda, que conta co produtor Tomás Ageitos e a cellista Margarida Mariño. Unha década de traxectoria musical en outros proxectos como Sacha na Horta e Blues do País avala a experiencia de Iseo, que con Måi fao o seu proxecto máis persoal, que presenta. Nos oito temas que presenta ‘Nigredo’ ofrécese, , unha simbiose do orgánico e o artificial que vai do folk ao pop e á electrónica, unha proposta que parte dun son moi persoal, urbano e ecléctico, deseñado xunto a Tomás Ageitos na produción e composición e gravado en Estudios A Ponte. O cello de Mariño xúntase co manexo da electrónica de Ageitos que actúa sobre ás percusións tradicionais na creación de atmosferas densas e cálidas nas que sobrevoa a voz de Iseo. O álbum conta tamén coas colaboracións nas voces de Yolanda Pose (Pura Mesura), achegando o seu rap no tema “Cando volvan as mareas” do que xa hai un vídeo de presentación; e de Fernando Barroso co oud e o bouzouki no tema Inshalla.
Formato bastante peculiar,. Consta dun desplegable que contén o cd en sobre de cartón e o libreto. O desplegable ten no seu interior un código qr para poder escoitar e descargar. Venderase en dous formatos diferentes:
- A) con cd (desplegable co qr + cd en funda de cartón + libreto)
- B) sen cd (desplegable co qr + libreto)
Deste xeito entendendo os que respondemos mellor ás preferencias do público, xa que hai moita xente que xa non usa cds, pero si quere a arte gráfica do disco. E esta está moi coidada, así que optamos por esta dobre fórmula.
TEMAS
1 – Son verdor
2 – Altair
3 – Serpe de son
4 – Cando volvan as baleas
5 – Templo escuro
6 – Big bang
7 – +
8 – Inshallah
_____
*UB. 2