MAELSTRÖM, MAELSTRÖM — Librería Abrente Ir ao contido

MAELSTRÖM, MAELSTRÖM

€10,50
SKU 9788498657210
E se o Capitán Nemo estivese a vagar por Vigo dende o afundimento do Nautilus? E se levase 150 anos atrapado na cidade por unha maldición da que non é quen de escapar? E se a súa historia se cruzace coa dunha muller dos nosos días e a súa filla de seis anos? Nesta súa primeira novela, Manuel Sánchez Gálvez revélase como un autor na procura dunha narrativa de aventuras que nos leva de viaxe polos universos de Verne e de Nemo, mais tamén polas dificultaces que unha muller moderna e triunfadora no mundo empresarial pode atopar cando o seu mundo, que cría seguro, se esboroa. Unha novela engaiolante.





Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego