
A práctica poética de Estevo Creus (Cee, 1971) vén delimitando un territorio singular, estrañado. A súa mirada entende a realidade como algo á marxe da percepción común. O mundo revela as súas outras verdades grazas ao poema. Os poemas cos que Creus gañou un dos certames literarios máis veteranos de Galiza foron “concibidos para a oralidade”. “Non estaba moi seguro de se funcionarían como texto escrito, por iso o premio foi unha sorpresa”, admite. Que devolve a Estevo Creus ás librarías logo dun demorado silencio. “A razón”, expón divertido, “é que non lle atopaba moito xeito ao que estaba facendo”. O seu método, ademais, contribúe a estes longos períodos sen publicar: “Escribo de cando en vez, e dun tirón. Obedece tamén ao azar”.
____
Editorial: Chan da PolvoraIdioma: Gallego