Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LUCES SOBRE A RÍA

€16,00
ISBN 9788412271706

Desde hai xa algún tempo estraños acontecementos veñen trastornando a tranquila vida da contorna viguesa. Misteriosas luces que alumean o ceo, animais que se tornan agrestes e violentos, xentes que entolecen. Nada do que está a suceder ten unha explicación lóxica. Semella mesmo que o diaño está a mexer os fíos sobre as Rías Baixas.

Cora Abrairas e Lubor Bondarenko transfor-maranse, sen pretendelo, en vítimas directas do implacábel mal que se cerne sobre a cidade. Xunto a eles xentes tan dispares como Kiko Novoa, Troleada Galega, David Botana ou o mesmísimo Xosé Ramón Gayoso veránse inmiscidos nun pesadelo do que nunca quixeron formar parte.

____

Editorial: Alcaián
Idioma: Galego