Quen lle ía dicir a Lúa que aquel día que comezara coma outro calquera remataría de forma tan inesperada? En primeiro lugar, viaxou cun nubeiro. Que que é un nubeiro? Iso eche longo de contar. De todos modos, por moi excitante que pareza, os nubeiros non sempre se portan ben cos nenos. O que capturou a Lúa, de feito, portouse rematadamente mal. Aínda bo é que chegaron para rescatala dous nenos que... Pero para saberes como se desenvolve esta historia fantástica o mellor é lela.
Xosé Miranda naceu en Lugo, estudou Bioloxía e é profesor de ensino medio na súa cidade natal. Á parte das leis biolóxicas sempre lle gustou tamén a literatura e, de feito, xa leva máis de dez anos adicándose a escribir: novelas, relatos, poemas, e mesmo dicionarios! Algo que lle interesa especialmente son as historias fantásticas de cousas marabillosas e a presenza do estraño neste noso mundo. O seu labor literario xa lle valeu bastantes premios. Recibiu o Modesto R. Figueiredo dúas veces, o Manuel García Barros, o Xerais, o Eusebio Lorenzo Baleirón, o Esquío…, como vedes toda unha restra deles. Pero o mellor premio é a resposta dos lectores e, en canto iso, tampouco hai queixa, pois varios dos seus libros editáronse máis dunha vez.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego