Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LOS ORÍGENES DE COMPOSTELA UNA HISTORIA DIBUJADA

€19,00
ISBN WP4272
Nestas páxinas a historia primeira de Santiago de Compostela: dende as pegadas romanas ata o esplendor do Pórtico da Gloria.

«Este libro interesa por igual al soñador y al curioso», escribía Gonzalo Torrente Ballester en 1987 como Prólogo á primeira edición de Los orígenes de Compostela. Tres décadas despois, recuperamos, renovada, unha obra enormemente atractiva. Arturo Franco Taboada debuxa nestas páxinas a historia primeira de Santiago de Compostela: dende as pegadas romanas ata o esplendor do Pórtico da Gloria. Ilustracións plenas de forza, cor e trazos precisos que van explicando a evolución urbana dende aquel bosque Libredón. A carón dos debuxos, os textos que documentan máis de mil años de construción dunha cidade que hoxe é imán de peregrinos e meta para miles de visitantes chegados dos cinco continentes. Arturo Franco Taboada é arquitecto, escritor e debuxante. Naceu na Coruña e exerce actualmente, nesta cidade, como profesor na Escola de Arquitectura. Doutor Arquitecto pola Universidade de Santiago, foi recoñecido, entre outros, co Premio Internacional Puente de Alcántara e o Premio Colexio de Arquitectos de Galicia. Ademais, como escritor, foi finalista do Premio Planeta en 1993 coa súa primeira novela El legado del obispo nigromante e é tamén autor, entre outras obras, de Fragmentos renacentistas: teatro urbano. Dos ensayos gráficos (1997), Voces de la ciudad (1998), La Catedral del fin del mundo (1998) e La flor antigua (2012).

____