Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LOBOS NAS ILLAS

€16,45
ISBN 9788411761796

Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre...
Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intención é escribir clásicos, hai neste libro relatos pioneiros, o primeiro en galego sobre a violencia de xénero, “Terror na madrugada”, e sobre os fusilados do 75, “A luz do día escura”, recollido en antoloxías en inglés.
A escrita delicada, a atención á creación de ambientes, o diálogo cos textos litera-
rios, son trazos da voz de Marilar Aleixandre que escolle o relato como no que máis goza escribindo.

MARILAR ALEIXANDRE (Madrid, 1947) é feminista, narradora, poeta, tradutora
e membro da Real Academia Galega desde 2017. Dona dunha das voces máis singulares das nosas letras, recibiu os máis importantes premios da literatura galega.
Desenvolveu un extenso labor académico na Universidade de Santiago de Compostela, centrando a súa investigación na argumentación e no pensamento crítico.
Editorial Galaxia publicou o libro Mudanzas e outros velenos (2017), que reúne parte da
súa obra poética; na colección Costa Oeste, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros
 (2017) e A filla do minotauro (2018, Premio Raíña Lupa); na colección Literaria, A com-
pañía Clandestina de Contrapublicidade (1998, Premio Álvaro Cunqueiro) e As malas
 mulleres (2021, Premio Eduardo Blanco Amor 2020 e Premio Nacional de Narrativa
2022); e, na colección Feminismos, Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento
feminista de Emilia Pardo Bazán (2021), xunto con María López Sández. .

____

Editorial: Galaxia 03-2024
Idioma: Galego