Unha historia múltiple na que conflúen as distintas perspectivas e experiencias duns homes que volven ser personaxes de novela despois da súa iniciación á vida adulta na Compostela dos anxos e dos mortos…
Esta novela de lectura independente está intimamente emparentada con Dos anxos e dos mortos, pois os seus protagonistas son os mesmos. O erotismo, a política, a arte e a vida enteira, coa súa irredutible complexidade, aparecen agora contempladas desde a perspectiva da madurez nunha visión totalizadora e propia dun gran novelista. Nesta novela, Rei Ballesteros bota man dun humor lúcido, corrosivo e acedo, pero nunca desesperado.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego