Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

LIÑAS COMPARTIDAS

por VV.AA
€22,00
ISBN 9788494896682
Liñas compartidas recolle o resultado dunha fermosa experiencia colectiva levada a cabo nun obradoiro de creación en Rianxo.

No libro conflúen as olladas de autoras e autores de idades diversas que gustan da escrita e proban a súa orixinalidade e o seu talento co texto individual creado durante o curso, mais tamén temos a oportunidade de ler cadanseu relato comunal que foi endiado por media ducia de participantes que compartiron ideas e argumentos, alternando os capítulos até un final pactado que serviu, non só para confirmar a calidade do texto senón tamén para asistirmos, paso a paso, a un proceso de construción onde ía implícita a vontade primeira do curso: atravesar todos os atrancos dende o inicio até o remate.

____

Editorial: Toxosoutos
Idioma: Gallego