Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O LIBRO DOS LIBROS

por VV.AA.
€19,70
ISBN 9788491512059
Un conto moi vello fala dunha panadeira a quen lle preguntaron unha vez que por que escollera esa profesión e non outra. Dixo que adora comer pan, como recendía cando saía do forno, a textura e a súa temperatura, sobre todo cando aínda estaba quente e había que pasalo dunha man a outra para non queimar. Namorada do pan, entendeu que dedicaría a súa vida a facelo e vendelo entre os seus veciños. Era panadeira. Nin máis nin menos. Comía e facía pan. Como segue o resto da historia, agora, non importa.

Ás veces non hai por que meterlle o dente a unha bola de pan para saber que é delicioso. As e os que escriben, dalgunha maneira, son coma a panadeira do conto. Se escriben é porque nalgún momento, con toda probabilidade ao inicio das súas biografías, namoráronse dos libros. Do obxecto-libro coas súas páxinas impresas, os seus lombos de letras que non sé informan dun título senón sobre todo dun mundo. Antes que escritoras ou escritores son xentes que len. Escriben proque len. (Moi probablemente, sempre, o exercicio literario é unha prolongación do acto lector.) As autoras e autores que inventaron para este volume relatos sobre libros, lectura, bibliotecas, librerías e xentes que len, pensan coa escrita e deutan a través das xemas dos dedos sobre o teclado as súas visións do mundo. Escriben. Coa mesma delicadeza a atención coma quen fai pan de madrugada. Para que se coman pola mañá. Cando o mundo está de estrea. Coma un libro que oabres pola primeira páxina.

____

Editorial: Galaxia