Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LEVANTAR A PALETILLA CAIDA

€20,00
ISBN 9788412930078

Medicina integrada na tradición Galega.

Esta obra xorde a partir de preguntas que levan anos sendo pronunciadas no eido da medicina tradicional galega: «Que é a paletilla? Que é iso de ter a paletilla baixa? É un óso? É algo que sae fóra do sitio?» A partir das facetas profesionais da autora -fisioterapeuta e antropóloga- así como a súa posición de neta e bisneta de levantadores de paletilla, iníciase esta investigación que tenta achegar novas respostas non só a cuestións antigas senón tamén a problemas actuais. Así, a obra convida a unha reflexión sobre o estado actual da medicina, dos seus baleiros, e como volvendo a ollada a outras formas de entender a saúde e a enfermidade se pode axudar a enchelos. A partir das lembranzas dunha infancia medrando co ritual e de entrevistas aos seus praticantes, a autora lévanos da man polos camiños da mitoloxía, a medicina e a espiritualidade. De xeito transversal aparece na obra un pouso existencial, sobre os eternos dilemas de quen somos, de onde vimos e cara a onde vamos.

ÍNDICE
1. Xustificación
2. Orientación teórica.
3. Hipótese e obxectivos.
Hipótese:.
Obxectivo xeral:...
Obxectivos específicos:
4. Metodoloxía.
5. Antecedentes e estado da cuestión..
5.1. Denominación.
5.2. Localización da paletilla.
5.3. Síntomas que anuncian a caída da paletilla.
5.4. Persoas ás que afecta..
5.5. Causas da caída da paletilla...
Causas naturais..
Causas sobrenaturais.
5.6. Rito para saber se está caída: a diagnose...
5.7. Rito curativo: o tratamento..
Remedios naturais ou terapéuticos.
Estralos ou manipulacións..
Friccións ou masaxes.
Colgar ou estirar o enfermo.
Outras manobras.
Beber grolos de auga...
Emplastos, cataplasmas, bilmas e parches porosos.
Vendaxes.
Ventosas...
Inxestión de alimentos ou bebidas reconstituíntes ou medicinais.
Prohibición de realizar determinas actividades:
Tratamentos combinados.
Remedios sobrenaturais ou simbólicos..
Ensalmos.
Obxectos de poder.
Beizóns..
Esconxurar o mal.
Remedios combinados..
5.8. Tempo de curación..
5.9. Rito para pasar o ensalmo..
5.10. Relación da paletilla con outros males similares.
Naturais: asaduras e calleiro.
Sobrenaturais: mal de ollo, envidia e susto.
5.11. As causantes do mal.
5.12 As especialistas curativas..
5.13. As orixes do rito..
6. Unha fisioterapia incipiente.
Estralos ou manipulacións..
Friccións ou masaxes..
Colgar ou estirar o paciente..
Emplastos, cataplasmas, bilmas e parches porosos..
Vendaxes..
Ventosas.
Inxestión de alimentos ou bebidas reconstituíntes
ou medicinais..
Prohibición de realizar determinadas actividades..
Tratamentos combinados.
7. Análise do material producido..
7.1. Corpo.
7.2. Alma.
7.3. Comunidade
7.4. Cosmos..
Entidades míticas femininas..
Entidades míticas masculinas.
Trasno ou Trasgo..
Tardo..
Tártalo ou Tártaro.
8. Un pouco de historia.
8.1. Historia do remedio curativo...
8.2. Historia da curación por palabras..
Comparativos..
Viaxe iniciática.
9. Unha mirada cara ao futuro
10. Conclusións.
11. Anexo de imaxes.
11. Bibliografía.

____

Editorial: F. VICENTE RISCO 12-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 170
ANTROPOLOXÍA
MEDICINA TRADICIONAL