A LAGARADA – O DESENGANO DO PRIOIRO — Librería Abrente Ir ao contido

A LAGARADA – O DESENGANO DO PRIOIRO

€17,50
SKU 9788482882048
A editorial Galaxia segue completando a colección das Obras de Otero Pedrayo con esta publicación de dúas pezas dramáticas, que amosan as teimas do seu creador dentro do eido do teatro.

Ofrécese, así, a posibilidade de descubrir unha faceta talvez menos coñecida do grande autor galego. Esta edición, a cargo de Henrique Monteagudo, cun estudo literario de Manuel F. Vieites e debuxos de Xohán Ledo, pon de manifesto a un Otero mestre tamén nos códigos teatrais. Servirá, ademais, para unha adecuada apreciación e un estudo máis completo da historia do teatro galego.



Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego