Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LA FLOR. A MI MADRE

€18,00
ISBN 9788493883263
Os versos de La flor e A mi madre, que supuxeron os comezos da traxectoria literaria de Rosalía, dialogan coas suxestivas imaxes de Fausto Isorna (Catoira, 1961), quen de conectar co particular mundo poético, intimista e transcendental polo que transita a padronesa nestas súas obras.

Con este volume, El Patito Editorial bota a andar unha novidosa colección que ten como finalidade engalanar as creacións dunha figura tan universal como Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837-Padrón, 1885) coas ilustracións realizadas ex profeso por artistas senlleiros. Nesta primeira entrega da serie, os versos de La flor e A mi madre, que supuxeron os comezos da traxectoria literaria de Rosalía, dialogan coas suxestivas imaxes de Fausto Isorna (Catoira, 1961), quen de conectar co particular mundo poético, intimista e transcendental polo que transita a padronesa nestas súas obras. O proxecto que comeza El Patito Editorial pretende dar un paso adiante na tarefa de engrandecer a obra de Rosalía de Castro, vestíndoa con roupaxes de gala a través duns libros editados con esmero cos que gozar dunha obra intemporal que adquiere aínda novos sentidos na compaña de abraiantes imaxes.

____

Editorial: El Patito Editorial
Idioma: Castellano