Ir ao contido

A IDADE DO FERRO. UNHA TRADICIÓN ENTRE GALICIA E ASTURIAS

por VV.AA.
€35,00
SKU 9788409038350
Unha viaxe actualizada pola cultura tradicional do ferro na provincia de Lugo e o occidente de Asturias

Un traballo documental que percorre os espazos e visita ás persoas, no que o autor ofrece un retrato espido do estado actual dun modo de vida, ligado ao mundo agrario e preindustrial que busca, a duras penas, sobrevivir. Incluído na colección “Imaxes dun País”, o presente foto ensaio dá a coñecer a singular cultura do ferro que aínda se conserva no noroeste peninsular dentro do espazo xeográfico comprendido, aproximadamente, polas Reservas da Biosfera: “Terras do Miño”, “Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá” e “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, situadas dacabalo entre a provincia de Lugo e o occidente de Asturias. Esta cultura, que conta con moitos séculos de antigüidade, encárnase aínda hoxe nas decenas de homes e mulleres fotografados, un colectivo humano único en Europa e que agora sae á luz grazas ao traballo realizado por José M. Salgado durante case un lustro. O libro contén, ademáis, unha presentación do autor e tres amplas introducións escritas por Luis Celeiro Álvarez (xornalista), Clodio González Pérez (Investigador e membro do Museo do Pobo Galego) e Juaco López Álvarez (Director do Muséu del Pueblu d´Asturies)      



Editorial: Libros Canela
Idioma: Castellano