Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

JUDE O ESCURO

€17,00
ISBN WP2157
Publicouse inicialmente por entregas na Harper's New Monthly Magazine e non foi até 1895 cando saíu editada nun volume de seu. Xa revista, xa libro, converteuse nun escándalo –mesmo houbo un bispo, o de Wakefield, que a queimou en público, e basta sinalar que o enxeño da crítica deu en transformala en Jude o obsceno.

Jude o escuro é a última e máis célebre novela de Thomas Hardy. Publicouse inicialmente por entregas na Harper's New Monthly Magazine e non foi até 1895 cando saíu editada nun volume de seu. Xa revista, xa libro, converteuse nun escándalo –mesmo houbo un bispo, o de Wakefield, que a queimou en público, e basta sinalar que o enxeño da crítica deu en transformala en Jude o obsceno. Esta obra expón os sentimentos e paixóns máis fondos do autor inglés; faino por boca de diversos personaxes, co mozo Jude Fawley como protagonista e fío condutor dunha trama emocionante e turbulenta. A historia, pioneira na maneira de lles presentar a súa visión da realidade aos lectores –no tocante ao sexo, ao desexo, ao instinto, ao matrimonio ou ás crenzas relixiosas–, ten ademais o engado de se desenvolver na rexión de Wessex, un tan soado coma singular territorio literario.A partir do que en efecto fora un reino anglosaxón previo á invasión normanda, Hardy utilizou este espazo como marco para varias das súas novelas, cuxo marcado acento rural brilla con forza neste libro. «Que dirá a xente do futuro cando volva a vista cara aos costumes bárbaros e as supersticións destes tempos que tivemos a mala sorte de vivir?», sentencia un dos personaxes.

____