Orfa e rexeitada polos parentes a quen se lles encomendou o seu coidado, Jane Eyre pasa nos seus primeiros anos dunha casa hostil a un internado. Alí, con todo, consegue unha boa educación e, tras un tempo exercendo de profesora, marcha para traballar de institutriz na espléndida mansión do señor Rochester. A vida por fin parece sonrrirlle, pero algo terrible espreitano faiado de Thornfield Hall.
Publicada por primeira vez en 1847 baixo pseudónimo Currer Bell, Jane Eyre obtivo un éxito inmediato e supuxo toda unha revolución na narrativa, converténdose nun dos grandes clásicos indiscutibles da literatura inglesa.
Ao final, ficamos completamente mergullados no xenio, no vehemencia, na indignación de Charlotte Brontë.
-Virginia Woolf-
Jane Eyre segue a ser o libro ao que máis volvo.[...] Hai partes que coñezo de memoria, e así e todo, cada vez extraido delas algo diferente. É o meu punto de referencia, a novela pola que todas as demais deben medirse.
- Maggie O'Farrel-
____
Editorial: Irmás Cartone 11-2023Idioma: Galego