Quen non desexou deixar de solo algunha vez ?
O problema foi que nunca cheguei a controlar ben ese poder. Ás veces, cando máis gañas tiña eu de ser invisible era cando máis xente me vía. En troques, cando quería que todos me visen era cando ao meu corpo lle daba por desapaecer.
Emotiva, conmovedora, diferente...Invisible narra, a través dos ollos dun rapaz, unha historia que podería ser a de calquera de nós.
Eloy Moreno
Lanzouse en 2010 á aventura de autopublicar a súa primeira novela, O bolígrafo de xel verde, que vendeu máis de 250.000 exemplares. A súa segunda obra, O que atopei baixo o sofá (2013), volveu conectar con miles de lectores. En 2015 publicou O agasallo, que recibiu un gran recoñecemento tanto en vendas como da crítica. A súa seguinte obra, Invisible (2018), é un best seller traducido a máis de 15 idiomas. As súas últimas novelas, Terra (2020), Diferente (2021) e Cando era divertido (2022), supuxeron un éxito rotundo entre os lectores.
A súa colección «Contos para entender o mundo» vai dirixida tanto a adultos como a nenos e lese en centenares de centros educativos. O seu último proxecto é unha serie de contos ilustrados para o público infantil: Xuntos, Quéroo todo, Invisible e As regras do ratiño Pérez.
Con máis de 2.000.000 de exemplares vendidos, Eloy Moreno é un dos escritores máis lidos e queridos pola súa gran capacidade de abordar temas universais cunha sensibilidade única e sempre desde puntos de vista sorprendentes.
«Non tiñamos ningunha dúbida en querer traducir ao galego esa novela. Sobran razóns para lela. A tradución fíxona alguén de tanta traxectoria como Rosa Baleirón», pone en valor Luisa López, desde Hércules. «Unha das nosas políticas é a de ofrecer en galego obras que despunten noutras linguas e, como a de Invisible, poucas, e non só entre os adolescentes. A moitos adultos fainos reflexionar sobre o noso papel como testemuñas, sobre por que non sei fai nada. A historia do rapaz podería ser a de calquera de nós, ou dos nosos fillos», añade, recuperando el pasaje del libro -una reflexión del niño protagonista- que se destaca en la contraportada: «O problema foi que nunca cheguei a controlar ben ese poder. Ás veces, cando máis ganas tiña eu de ser invisible era cando máis xente me vía. En troques, cando quería que todos me visen era cando ao meu corpo lle daba por desaparecer»...
«Deuse a casualidade que a tradución ao galego coincidiu no tempo coa estrea da serie en Disney+ e de que no pasado setembro Eloy Moreno publicou Redes, a continuidade de Invisible, unha novela na que aborda o impacto e a influencia das plataformas dixitais na vida dun grupo de adolescentes. Todo suma para afondar nestas importantes cuestións», reflexionan desde el sello gallego. «Outra frase que destacamos na portada do libro é ''Vas mirar para outro lado?''», reflexiona.
La Voz de Galicia 13/12/2024
____
Editorial: Hércules 12-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 317
XUVENIL E ADULTOS
BULLYING, ACOSO ESCOLAR
NARRATIVA