Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

INVISIBLE

€16,00
ISBN 9788416456789
Este libro está escrito para facer rir, pensar (sen pasarse) e axudar a facer un pouco máis visibles ás mulleres que se quedan nas esquinas suxeitando os bolsos das súas amigas nas festas e que lles prestan cartos para viaxes aos que non están invitadas.

Unha muller gris, anódina, esquecida e que se cre invisible decide finalmente facerse notar. Tómao moi en serio pois non ten nada que perder. Ao final do camiño está o suicidio pero antes ten moitas contas que saldar: "amigos" cos que reencontrarse e moita posta en escena que organizar, porque a súa saída deste chamado teatro da vida vai ser todo un espectáculo. Ten que apuntarse a un ximnasio para presentarse o mellor posible na mesa de autopsias e pintar o salón para que o atope ben bonito a policía cando chegue a levantar o cadáver. Un cadáver que vai parecer unha estrela de cine, con extra de maquillaxe e vestiario incluído. Porque non hai humor máis negro que aquel que xoga cos sentimentos máis profundos.

____

Editorial: Embora
Idioma: Castellano