Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

INFOCRACIA

€15,00
ISBN 9788412463552

A dixitalización avanza sen pausa. Atórdanos a avalancha de datos e comunicación e, a un tempo, sentimos impotencia ante un tsunami de información que desprega forzas deformadoras e destrutivas. Actualmente, a dixitalización entrou xa na esfera política, onde provoca grandes distorsións no proceso democrático. As campañas electorais preséntanse como guerras de información nas que todo medio técnico e psicolóxico é válido. Nas redes sociais, empréganse contas ficticias automatizadas que divulgan fake news, impulsan campañas difamatorias e odio, e inflúen na formación de opinión política. As teorías da conspiración e a propaganda dominan o debate político. Con psicopolítica e psicometría dixital búscase influír nas decisións de voto e evitar as decisións conscientes.

Por primeira vez editado en galego, Byung-Chul Han describe neste último ensaio a actual crise da democracia e atribúea ao cambio estrutural da esfera pública na dixitalización. Esa crise ten un nome: infocracia.

 

____

Editorial: Catro Ventos 2022
Idioma:   Galego