IMPERIOS E DANZAS: AS ESPAÑAS PLURAIS DO FRANQUISMO
- Diversidade sen soberanía. A ditadura rexeitaba calquera nacionalismo periférico ou autonomía política, pero fomentaba o apego á "patria chica" (a rexión ou a provincia) como unha vía emocional para reforzar a lealdade á nación española única.
- A unidade na variedade. O discurso oficial presentaba a pluralidade de paisaxes, costumes e tradicións locais como a proba da riqueza do imperio español, sempre subordinada ao castelán e á unidade da patria.
-
Orixes ideolóxicas e primeiro franquismo. Estuda as tensións internas dentro do bando sublevado e do primeiro fascismo español sobre como estruturar o Estado e como combater os nacionalismos catalán, vasco e galego.
Folclore e posta en escena. Analiza o papel fundamental da Sección Feminina e dos grupos de Coros y Danzas na recuperación, estilización e exhibición das músicas e bailes tradicionais como elemento de propaganda e cohesión. - Linguas e culturas subestatais. Examina o espazo residual e controlado que se lles deixou ás linguas distintas do castelán (relegadas ao ámbito doméstico, literario ou folclórico) e as narrativas sobre a historia e a paisaxe rexional.
- Evolución no tardofranquismo. Mostra como nos últimos anos do réxime se adaptaron estes discursos rexionalistas fronte ao desenvolvemento económico, o turismo e o rexurdimento da oposición democrática e nacionalista.
PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2020
Houbo un rexionalismo franquista? Nos fascismos europeos tamén persistiron, con diversos graos de intensidade e diversas manifestacións, un discurso e unha praxe da pluralidade etnoterritorial, compatíbel cun valor supremo, a centralidade dunha nación. En España, o nacemento do fascismo estivo ligado a unha reacción contra dos nacionalismos subestatais e a un desexo de reestruturar a relación histórica entre Estado e nación, e por tanto a inserir novas compoñentes que reflectisen a súa variedade interna, aínda que non en clave política.
Este ensaio analiza o papel e a posta en escena das identidades subestatais, tanto rexionais coma locais, por parte do réxime franquista. O historiador Xosé M. Núñez Seixas estuda a relación entre diversidade territorial e fascismo até a Guerra Civil, os debates sobre a estrutura do Estado durante o primeiro franquismo, o papel reservado aos idiomas diferentes do castelán, as narrativas históricas, xurídicas e os discursos sobre a paisaxe, a relevancia do folclore e dos Coros y Danzas e, finalmente, a evolución da cuestión rexional durante os últimos anos do réxime.
Núñez Seixas, Xosé M.
(Ourense, 1966) estudou Historia nas Universidades de Compostela e Dijon, e doutorouse no Instituto Universitario Europeo de Florencia. Catedrático de Historia Contemporánea na USC, entre 2012 e 2017 foino tamén da Universidade Ludwig- Maximilian de Múnic, e profesor convidado no Colexio de Europa (Natolin) e nas universidades de Stanford, París VII e Turín, entre outras. As súas pescudas céntranse na historia comparada e transnacional dos nacionalismos e as identidades territoriais en Europa, os estudos migratorios, a historia sociocultural da guerra e a memoria das ditaduras. Entre as súas obras máis recentes, salientan O soño da Galiza ideal. Estudos sobre exiliados e emigrantes galegos (Galaxia, 2016), Camarada invierno. Experiencia y memoria de la División Azul (2016), Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018 (2018, Premio Nacional de Ensayo, 2019), Guaridas del lobo. Memorias de la Europa autoritaria (2021), Imperios e danzas. As Españas plurais do franquismo (Galaxia, 2021, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020) e Volver a Stalingrado. El frente del Este en la memoria europea (2022, Premio W. Benjamin de Ensaio 2021)
______
Editorial: Galaxia 2020
Idioma: Galego