O Charlie e o Nick están no mesmo instituto, mais nunca se coñeceron... ata o día en que teñen que sentar xuntos. Axiña se fan amigos, e o Charlie comeza a namorar do Nick, aínda que pensa que non ten ningunha oportunidade. Mais o amor funciona de xeitos sorprendentes, e o Nick está máis interesado no Charlie do que calquera deles pensa. Este é o primeiro volume da serie best-séller HEARTSTOPPER escrita e debuxada pola autora premiada Alice Oseman.
Alice Oseman (Kent, Inglaterra, 1994) é unha premiada autora de cómics, escritora, ilustradora e guionista. É a creadora da serie de cómics Heartstopper, un romance LGBTQI+ para público adolescente en seis tomos que leva vendidas máis de oito millóns de copias no mundo e está publicado en 39 idiomas. Tamén é guionista e produtora executiva da súa adaptación audiovisual para a plataforma Netflix, unha produción gañadora dun premio Emmy e producida por See-Saw, pola que escribiu todos os episodios e participou en todas as fases, desde o casting ata a música.
Alice tamén é autora de varias novelas contemporáneas sobre desastres adolescentes: Solitaire (publicada cando tiña só 19 anos), Radio silence, I was born for this e Loveless. Os libros de Alice foron galardoados, preseleccionados ou nomeados para numerosos premios, como o XA Book Prize, os Inky Awards, a Carnegie Medal e os Goodreads Choice Awards. Alice foi nomeada Persoa do Ano 2023 por Attitude (unha de revístalas LGTBQI+ de referencia do mundo), e Ilustradora do Ano por The British Book Awards. En 2024, Hearstopper ten as súas primeiras edicións en eúscaro grazas a Astiberri: Heartstopper 1. Bi mutilen enkontrua e Heartstopper 2. Zu etxerako!.
_____
Editorial: Xerais 09-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 288
NOVELA GRÁFICA