ILLAS DE SAN SIMÓN E SAN ANTONIO: A RECUPERACIÓN DUN SITIO HISTÓRICO
-
O libro Illas de San Simón e San Antonio: A recuperación dun sitio histórico é unha exhaustiva obra documental e técnica publicada en 2008 pola Xunta de Galicia. A publicación recolle en detalle todo o proceso de rehabilitación arquitectónica, patrimonial e botánica deste simbólico arquipélago situado no corazón da ría de Vigo.
- Tomo I (Historia e memoria): Realiza un profundo percorrido polas vicisitudes históricas de ambas as illas, desde a Idade Media e os poemas de Mendinho ata o seu uso como cárcere durante a Guerra Civil. Conta con ensaios críticos e análises históricas.
- Tomo II (Plan Director e rehabilitación): Enfócase na vertente técnica e arquitectónica da intervención de César Portela. Contén un estudo individualizado de cada edificio, planos detallados, mapas de contorna e un exhaustivo inventario fotográfico da vexetación (como o seu famoso paseo dos buxos) e das esculturas instaladas. [
- Material Audiovisual (DVD): Inclúe un documental de algo máis de 40 minutos que sintetiza visualmente os fitos históricos e os traballos de restauración integrados no Plan Director.
A obra consta de dous tomos e un DVD incluido en carpeta. Os tres volumes, incluíndo o soporte do DVD, están luxosamente editados e incluídos nunha caixa a modo de encadernación o que favorece e facilita a súa conservación.
O tomo primeiro, co título A recuperación dun sitio histórico/ Historia e memoria fai un percorrido pola historia das illas, San Simón e San Antonio (situadas ao fondo da Ría de Vigo), desde a Prehistoria á Idade Contemporánea, con participación de varios autores. Dedícase un capítulo aos estudos arqueolóxicos desenvolvidos nas illas e ao establecemento e á historia arquitectónica do lazareto, e ao estudo e recordo dos feitos e persoas que viviron nas illas cando estas eran unha cadea para os presos políticos tras a guerra civil. Todo cunha ampla mostra fotográfica e de imaxes antigas das diferentes épocas das cales queda imaxe gráfica O tomo segundo da obra, co título A recuperación dun sitio histórico/Plan director de rehabilitación afronta, tras unha presentación do arquitecto galego César Portela, o citado Plan director das illas, un mapa de ambas as dúas e un estudo individualizado por cada un dos edificios e os seus contornos, con planos e profusión de fotografías. A seguir, unha serie de colaboracións, con reportaxes fotográficas das illas, os seus contornos e espazos exteriores, das esculturas e da vexetación botánica, xunto a fermosas imaxes das illas na noite. Varios estudos e as traducións para o castelan e ó inglés. Xúntase á obra un vídeo en formato DVD, de algo máis de 40 minutos, que recolle, con opción lingüística de galego, castelán e inglés, os temas tratados nos libros. Un repaso histórico e un estudo pormenorizado dos elementos incluídos no plan director. Os tres volumes, incluíndo o soporte do DVD, están luxosamente editados e incluídos nunha caixa a modo de encadernación o que favorece e facilita a súa conservación.
____
Editorial: Xunta de Galicia 2008
Idioma: Galego, Castelán, Inglés
TOMOS: 2 + DVD
TAPA DURA
HISTORIA
GUERRA CIVIL
MEMORIA