Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ILLADOS. DIARIO DA PANDEMIA

€22,00
ISBN 9788491514800
A primavera de 2020 mudou para sempre as nosas vidas e deixará, sen dúbida, fondas pegadas na memoria da nosa xeración.  

A cámara de Miguel Muñiz condensa, en imaxes, moitas das emocións experimentadas ao longo destes días que transcorreron baixo a sombra da pandemia: o baleiro das rúas, os ollos asustados, a épica da loita, as historias de camioneiros en tránsito e circos varados nun tempo estraño, escolas desertas e nenos confinados, reencontros e fronteiras, a vida que á fin agroma entre as fendas… Imaxes e textos; literatura e fotografía; poesía e ensaio. A arte coma unha arma para enfrontármonos ao mundo e dotalo de sentido. Ao xeito de Boccaccio e os seus cen contos do Decamerón, erguéndose, con vitalismo, fronte á peste negra, os textos de María López Sández acompañan e interpretan estas fotografías que lle dan forma ao que sentimos e o integran con tinta imborrable na nosa experiencia. sto R. Figueiredo, en 2004, por Os límites do inimaxinable. Esta é a súa primeira obra en Editorial Galaxia. Foto do autor de María Esteirán.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego