Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

UN IANQUI NA CORTE DO REI ARTUR

€20,00
ISBN 9788415250500
Un texto divertido, mordaz e crítico cos lastres da superstición, da ignorancia e da explotación das persoas. Sobre as peripecias dun home do século XIX que se atopa de súpeto na Inglaterra da Alta Idade Media, nunha sociedade atrasada e desigual.

MARC TWAIN
Florida, 1835; Connecticut, 1910
Samuel Langhorne Clemens, máis coñecido polo pseudónimo de Mark Twain, naceu en Florida (Missouri, Estados Unidos). Cando tiña catro anos, a súa familia mudouse a Hannibal, un porto fluvial do río Mississippi. Á morte do seu pai, Mark Twain tivo que deixar os estudos e comezou a traballar de aprendiz nunha imprenta. Aos dezaseis anos xa era tipógrafo no xornal Hannibal Journal, propiedade do seu irmán máis vello, Orion, e no que publicou os seus primeiros artigos xornalísticos. Dous anos despois comezou a súa xeira por imprentas de diferentes cidades, como Nova York e Filadelfia. Máis adiante traballou de piloto nun barco de vapor do río Mississippi, unha experiencia que lle deixou unha fonda pegada; logo foi mineiro en Nevada, soldado da Confederación e, por fin, xornalista. Mark Twain é un dos grandes autores da literatura norteamericana. Na súa escrita combínanse o humor e a sátira coa crítica social e a descrición realista do mundo no que viviu. As súas obras máis recoñecidas son "As aventuras de Tom Sawyer" (1876), "As aventuras de Huckleberry Finn" (1884), considerada como a "gran novela norteamericana", e "Un ianqui na corte do rei Artur" (1889). As súas ideas políticas, de corte progresista, fixéronse máis radicais co paso do tempo e apareceron reflectidas en "Cartas desde a Terra", publicada postumamente en 1962.

____


Idioma: Gallego