Unha das miradas fotográficas máis incisivas do panorama actual. A súa obra centrouse fundamentalmente nunha reinterpretación do retrato entendido como un elo intermedio entre o xénero psicolóxico e o arquivo de tipoloxías. As súas diversas series abordaron aspectos da noite festeira en grandes cidades europeas (Good Night London, 2011, ou Dopo Roma, 2016) ou no medio rural (Boas noites, 2013).
Idioma: Gallego
A súa maneira de traballar é moi minuciosa e precisa, utiliza a cámara de gran formato e a película analóxica, o que fai máis complexo un traballo que se asocia á rapidez da reportaxe.
____
Editorial: Xunta de GaliciaIdioma: Gallego