Os tempos están a cambiar na Garda Nocturna de Ankh-Morpork.
Contratáronse novos recrutas para reflectir a diversidade da cidade, incluíndo o cabo Cenoria (tecnicamente un anano), o axente de garda Cuddy (un anano de verdade), o axente de garda Detritus (un troll) e a axente de garda Angua (unha muller... lúas cheas á parte).
Ademais, o capitán Sam Vimes vai casar e retirarse da Garda. Para sempre, Isto último é unha mágoa, porque ninguén coñece as rúas de Ankh-Morpork nin o seu mundo criminal mellor ca el.
E alguén armado e perigoso estivo a ter ideas sobre o poder, o destino e os reis perdidos, cometendo unha serie de asasinatos aparentemente aleatorios por toda a cidade.
Os novos recrutas terán que aprender rápido...
Terry Pratchett
(Beaconsfield, 1948- Broad Chalke, 2015) foi o aclamado creador da serie súper vendas internacional Mundodisco. A súa primeira novela, A cor da maxia, publicouse en 1983. En total, foi autor de máis de cincuenta libros que superaron os cen millóns de exemplares vendidos en todo o mundo. As súas novelas contan con numerosas adaptacións ao teatro e ao cine, e foi gañador de múltiples premios, incluída a Medalla Carnegie. En 2009, foi nomeado cabaleiro polos seus servizos á literatura, aínda que sempre sostivo con retranca que a súa maior contribución á literatura foi evitar escribir.
___
Editorial: Boadicea Editora 04-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 329
NARRATIVA CIENCIA FICCIÓN