
Salienta tamén a súa faceta de poeta en galego e en castelán. Encarcerado en cinco prisións franquistas no período 1936-1942, levou unha vida difícil durante moitos anos. Xa fóra da cadea, estuda a fondo o grego clásico, idioma ao que se dedicara con paixón nos lóbregos establecementos penitenciarios do primeiro franquismo. Neste volume de homenaxe a Evaristo de Sela ofrécese un achegamento "e un entusiasta recoñecemento" a unha biografía cívica e intelectual admirable. Colaboran na publicación seis autores do eido da filoloxía clásica: algúns pronúncianse sobre aspectos poéticos, outros lémbrano desde a perspectiva familiar, desde a óptica dun colega amigo ou desde o punto de vista de quen sitúa o noso homenaxeado no humus no que emerxeu á vida e á cultura.
____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego